sábado, 30 de mayo de 2020

ÁRBORE DE ALBA

Menudo traballo tivo Alba para realizar a súa árbore xenealóxica. Ten unha familia moi, pero que moi numerosa! A pesar da dificultade, conseguiu executar xenial a tarefa e explicárnolo á perfección. Parabéns!




VÍDEO:



ÁRBORE DE PAULO

Para realizar a súa árbore, Paulo puxo en marcha a súa imaxinación e o resultado foi brillante. Neste caso, empregou globos para representar os membros da súa familia. Encántanos Paulo, noraboa!!!



ÁRBORE DE CARMEN

A árbore de Carmen tamén está cargadiña de creatividade! Ela representouna coas mans dos seus familiares. Unha gran idea. Ademais, elaborou un vídeo onde nola explica á perfección. Noraboa Carmen!!



VÍDEO:


ÁRBORE DE LUCAS

Lucas tomou ao pé da letra o mandato dos Xacios, e empregou un anaco dunha árbore! Despois, nas súas follas foi creando a súa propia cos nomes dos seus familiares. Moi orixinal Lucas, felicidades. 




ÁRBORE DE ÁLEX

E continuamos con máis árbores. Neste caso, compartimos a de Álex, que tamén o fixo xenial. Ademais da árbore enviounos un vídeo, onde nos explica con moita soltura a relación de cada un familiares. Noraboa Álex. 



VÍDEO:






ÁRBORE DE EDUARDO

Ola nenos e nenas!!

Comezamos coa publicacións das árbores xenealóxicas. Aquí temos a de Eduardo! Trátase dunha árbore moi orixinal cargadiña de froitos cos nomes dos seus familiares. Qué ben Eduardo, sigue así.


miércoles, 27 de mayo de 2020

NOTICIA IMPORTANTE

Queridas familias, nenos e nenas!

Quero darvos unha fantástica noticia. A profe María xa foi mamá!! O pequeno Jorge chegou o día 23!! Tanto a mamá coma o peque están ben!! 

A partir de agora, encargareime eu tamén de 1ºA, xa que dadas as circunstancias non vai haber persoa substituta. Continuaremos coa mesma dinámica que ata o de agora e estarei en contacto con María. 

Unha aperta forte


martes, 26 de mayo de 2020

TRABALLAMOS COAS MATES

Ola nenos e nenas!!

Fai tempo que non vos mandamos facer nada no libro de Mates, aínda que seguro que estades a traballar a tope en todas as demais actividades. Hoxe imos facer unhas actividades de repaso que vos van ir xenial para refrescar ideas. Trátase das páxinas 102 e 103. Cando as teñades listas, enviádenolas coma sempre ao correo das profes. 

Moitos biquiños


A HISTORIA DE ERIK

E continuamos con máis historias!! Agora vámosvos amosar a de Erik, chea de imaxinación. Trata dunha estrela chamada Jana, que viu ao lonxe algo que brillaba moito, e resultou ser... o seu reflexo na auga. Qué bonita Erik, encantounos. 



A HISTORIA DE MARÍA

Ola nenos e nenas!

Continuamos a recibir historias cheas de enxeño. Nesta caso, presentámosvos a de María, que narra a aventura dunha princesa que, finalmente, acaba xunto co príncipe converténdose en nada máis e nada menos que en Xacia! Cómo nos gustou a túa historia María, noraboa.




sábado, 23 de mayo de 2020

A HISTORIA DE SERGIO


Imos compartir con vós tamén a historia de Sergio. Hai que decir que tamén traballou un montón, e elaborou unha narración moi coherente e chea de  imaxinación. Conta a aventura dunha familia de osos. Aquí vola deixamos.
Qué bon traballo Sergio, moi ben!!





A HISTORIA DE MATEO

Canto nos gustou a historia que nos narra Mateo sobre a amizade dun oso e unha xirafa! Podedes escoitala no audio que vos deixamos a continuación. Moi ben narrado e unha entonación perfecta. Qué ben Mateo, segue así.

                                                           ENLACE AUDIO:






viernes, 22 de mayo de 2020

A HISTORIA DE PAULO

Encántanos a naturalidade coa que Paulo nos conta a súa historia, cuxo protagonista é un monstruo. Está moi ben explicada e expresada, Paulo. Noraboa!!!


A HISTORIA DE ALBA

Alba tamén traballou moi duro na súa historia. Nela narra o que lle aconteceu a unha princesa chamada Natalia que, no medio do deserto, se atopou cun robot. Lede moi atent@s!
Moi creativa a historia Alba, canta imaxinación!!!Felicidades




A HISTORIA DE CARMEN

Mirade con qué desenvoltura nos conta Carmen a súa historia. Trata tamén dun dragón que non era capaz de botar lume! Moi ben organizada a narración e moi ben expresada. Noraboa Carmen!



VÍDEO:





A HISTORIA DE LUCAS

E continuamos con máis historias!

Aquí temos a de Lucas, que non só nola contou moi ben, senón que tamén traballou a escenografía, regalándonos esas vistas de paisaxes tan bonitas. Qué ben Lucas, moi bo traballo! 


A HISTORIA DE EDUARDO

Moi boas nenos e nenas!!

Xa estades mans á obra co novo mandato dos Xacios? De seguro que sí!

Imos comezar a publicar esas historias tan creativas que elaborastes. Neste caso, imos comezar pola de Eduardo, que narra a andaina dun dragón que non lanzaba lume. Afortunadamente, o desenlace foi moi bonito. Qué bon traballo Eduardo, segue así. 





INDICACIÓNS TAREFA DOS XACIOS




Moi bo día nenos e nenas!
Xa fostes moitos os que desencriptastes a última mensaxe que nos chegou dos Xacios, e estades impacientes por ver de que se trata a tarefa. A mensaxe decía o seguinte:

" PARA CONTINUAR  
A VOSA FAMILIA 
IDES PRESENTAR"

POIS MANS A OBRA!! 
Debedes elaborar unha árbore xenealóxica. Lembrádesvos do que era? É unha representación gráfica na que mostras a túa familia dun xeito organizado. Xa sabedes que a nós nos gusta que lle dedes un toque artístico e creativo as tarefas que propoñemos, polo que debedes pensar ben como nos ides presentar a vosa familia. Mirade algúns exemplos: 

imaxe de pinterest
imaxe de pinterest


imaxe de pinterest

Coma sempre, isto é un exemplo sabemos do creativos que sodes e segurísimo facedes unha tarefa xenial. 

Cando a teñades rematada xa sabedes, enviadenos ao correo, pode vir acompañada dunha explicación vosa en vídeo. 

Nós esperamos impacientes por ver as vosas creacións. 

Unha aperta moi grande.






martes, 19 de mayo de 2020

ATENCIÓN, MANDATO DOS XACIOS!

Bo día nenos e nenas!! Hoxe despertamos emocionadas xa que chegou outra mensaxe dos Xacios para vós. Aínda está en Chinés e eles os pobres non son quen de entender nadiña... Xa sabedes o que toca, desencriptar a mensaxe e esperar as indicacións para facer a actividade. Ide pensando a ver que se lles ocorreu esta vez.





jueves, 14 de mayo de 2020

O XOGO DE ERIK

Abraiadas é a palabra que mellor define cómo nos quedamos co xogo de Erik. A ver vosoutros qué opinades. Con tan só uns depresores, tapóns e os pescozos dunhas botellas, creou todo un circuito polo que debe circular a pelota, podendo caer en diferentes vasos con diversas puntuacións.
Aquí vos deixamos as imaxes e o vídeo deste xogo con tanta cor!! Moi bo traballo Erik










O XOGO DE MANUEL

E continuamos recibindo xogos fantásticos!

Hoxe amosámosvos o de Manuel, que realizou con material de refugallo un xogo de encestar, que require de grande precisión e concentración. Qué ben Manuel! Cómo nos gusta ver o moito que trabalaldes. Noraboa!





CREAMOS UNHA HISTORIA

Ola nenos e nenas!

Hoxe temos unha nova actividade para todos vós, para que botedes man desa imaxinación que tedes e que tanto estades a desenvolver coas actividades que facedes, sodes uns verdadeiros artistas. Nesta ocasión, o que precisades é ter un dado á man e lanzalo, polo menos, tres veces. O número que vos saia en cada unha das tiradas determinará o rumbo que debe seguir a historia: personaxe, esceario e situación. Asique imos aló, a crear moitas historias cargadas de aventuras. Podedes inventar, incorporar personaxes novos, o que queirades. Deixade voar a imaxinación!! 
Cando a teñades lista, podedes escribila cun debuxo representativo ao lado, ou podedes animarvos a contárnola a todos nun vídeo ou nun audio. Tamén podedes sacar fotos dos diferentes números que vos foron saíndo ao lanzar o dado, e de cómo a fostes creando.
(En caso de que grabedes vídeo, agradecemos que sexan curtos ou que fagades varios, porque despois temos dificultades para subilo ao blog. Tamén podedes enviarnos o enlace)

Esperamos ansiosas as vosas creacións!

Un bico moi forte



Fonte: Orientación Andújar

lunes, 11 de mayo de 2020

RETO DA BIBLIOTECA E ACTIVIDADES

Bo día familias!! Que tal estades?  Hoxe temos que contarvos que dende a biblioteca do cole propóñennos un novo reto. Deixámosvos o enlace a actividade, podedes mandar as vosas ao noso correo.


(pinchade aquí)  RETO BIBLIOTECA DE XALÍN

Ademais lembrámosvos que podedes seguir facendo as páxinas do libro de Lingua Galega anteriores as de comprensión que mandamos o venres. Non é necesario mandar foto delas.

Unha aperta moi grande mentres seguimos esperando noticias dos Xacios.

O XOGO DE SERGIO

Xa temos máis xogos. Chegounos o de Sergio que leva por título "Xogo das Chapas". Moi divertido este xogo, Parabéns Sergio!!... Animádevos a xogar, mirade as normas e a explicación que nos deixa no seu video.






viernes, 8 de mayo de 2020

COMPRENSIÓN LECTORA

Bo día familias!! Como estades?
Nós alucinadas e emocionadas coas tarefas que van chegando de todos vós. Sodes uns magníficos    inventores, esperamos que esta tarefa vos permita aprender novas maneiras de xogar e tamén  a probar os xogos que presentan os vosos compañeiros e compañeiras. Mentres esperamos os xogos que faltan imos traballar un pouquiño no libro de Lingua Galega. Facemos a lectura que deixamos a continuación e as páxinas de comprensión. Cando as teñades feitas podedes enviarnos a foto ao correo. Ademais, podedes rematar as páxinas que quedaron sen facer anteriores a lectura e estas non é necesario mandalas.



Nós imos ver si contactamos cos Xacios... estes días quedaron moi caladiños.
                        Seguro que están a xogar coas vosas creacións!!

                                            Unha aperta moi grande.

jueves, 7 de mayo de 2020

O XOGO DE ALBA

Divertidísimo o xogo de Alba! Chámase "A pesca de Alba", encántanos como o fixeche e tiveche en conta todos os detalles, quedou precioso.
Parabéns Alba!!




O XOGO DE LUA

Mirade que parchís!! Encántanos este parchís xigante feito por Lua, non lle falta detalle e empregou materiais de refugallo ademais o proceso de elaboración tivo que ser moi custoso.
Noraboa Lua, moi bo traballo!!






martes, 5 de mayo de 2020

O XOGO DE MATEO

Abraiadas nos deixou Mateo co seu xogo! Nada menos que un pinball caseiro. Non dubidou en coller o maletín de ferramentas e empregar todo tipo de aparellos.
O resultado brillante Mateo, encántanos.


 




FIN DE CURSO

Hoxe, en condicións normais, teríamos que estar facendo xogos no cole, bailando, abrazándonos e dándonos bicos de despedida... Pero algo ax...