jueves, 14 de mayo de 2020

CREAMOS UNHA HISTORIA

Ola nenos e nenas!

Hoxe temos unha nova actividade para todos vós, para que botedes man desa imaxinación que tedes e que tanto estades a desenvolver coas actividades que facedes, sodes uns verdadeiros artistas. Nesta ocasión, o que precisades é ter un dado á man e lanzalo, polo menos, tres veces. O número que vos saia en cada unha das tiradas determinará o rumbo que debe seguir a historia: personaxe, esceario e situación. Asique imos aló, a crear moitas historias cargadas de aventuras. Podedes inventar, incorporar personaxes novos, o que queirades. Deixade voar a imaxinación!! 
Cando a teñades lista, podedes escribila cun debuxo representativo ao lado, ou podedes animarvos a contárnola a todos nun vídeo ou nun audio. Tamén podedes sacar fotos dos diferentes números que vos foron saíndo ao lanzar o dado, e de cómo a fostes creando.
(En caso de que grabedes vídeo, agradecemos que sexan curtos ou que fagades varios, porque despois temos dificultades para subilo ao blog. Tamén podedes enviarnos o enlace)

Esperamos ansiosas as vosas creacións!

Un bico moi forte



Fonte: Orientación Andújar

No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO

Hoxe, en condicións normais, teríamos que estar facendo xogos no cole, bailando, abrazándonos e dándonos bicos de despedida... Pero algo ax...