viernes, 19 de junio de 2020

FIN DE CURSO

Hoxe, en condicións normais, teríamos que estar facendo xogos no cole, bailando, abrazándonos e dándonos bicos de despedida... Pero algo axeno a todos/as nós impedíunolo. 
Temos que decirvos que vos comportastes como verdadeiros/as campións, cumprindo o confinamento, e traballando tan tan ben dende a casa . Sabemos que o esforzo foi ENORME.
Dicir tamén que as vosas familias actuaron tamén como campioas, axudándovos a facer todas as tarefas, e sen poder contar, en moitas ocasións, con todo o tempo que lles gustaría. 
A verdade é que hoxe, tanto a profe María coma min sentímonos un pouco tristes, porque nos gustaría que este curso fose diferente, que puidésemos estar xuntos/as... Quedaron moitos plans polo camiño: a ruta ata Fonmiñá, a excursión á Granxa-Escola, e miles de proxectos máis. Pero estamos seguras que algún día os nosos camiños volverán a atoparse. 
Agora o que queremos é que desfrutedes moito do verán, que xoguedes, que vos divirtades, e que en setembro voltedes coas pilas cargadas!!
GRACIAS por darnos tantos momentos fantásticos!Momentos que intentamos recoller no seguinte vídeo, aínda que houbo moitos máis.
Levarémosvos SEMPRE no corazón!


https://drive.google.com/file/d/1otzhkcB_AoAnApx1hO1euCqW6Y4HoMXM/view?usp=sharing

2 comentarios:

  1. Gracias por estar cando nos fixestes falta, e tamén por valorar o traballo deles. Disfrutade vos tamén... E tú Paula, qué foi un placer 😉un abrazo de Eduardo

    ResponderEliminar
  2. Grazas a vós por todo; eses momentos non serían posibles sen vosoutras.
    Pasade un bo verán.
    Moitos biquiños de Alba, especialmente para Paula.

    ResponderEliminar

FIN DE CURSO

Hoxe, en condicións normais, teríamos que estar facendo xogos no cole, bailando, abrazándonos e dándonos bicos de despedida... Pero algo ax...