miércoles, 15 de abril de 2020

NOVA MENSAXE DOS XACIOS

Ola nenos e nenas!!

Temos que contarvos unha cousa MOI, PERO QUE MOI IMPORTANTE... As profes recibimos nas nosas casas unha mensaxe dos Xacios, na cal vos piden a todos os alumnos e alumnas de 1º que lles botemos unha man. Resulta que lles chegou unha carta dende China con algunha acción ou idea para combatir o coronavirus, pero claro, como é evidente vén escrita en nada menos que chinés. Conseguiredes descifrar a mensaxe??
Todos/as os que vos animedes a desencriptar a carta, podedes facernos chegar a mensaxe a través do correo de sempre (diezmaripaula@gmail.com) ou mediante comentarios nesta mesma entrada do blog. 

Seguimos en contacto a ver se entre tod@s axudamos aos xacios!!

Un biquiño forte




No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO

Hoxe, en condicións normais, teríamos que estar facendo xogos no cole, bailando, abrazándonos e dándonos bicos de despedida... Pero algo ax...