Moi bo día nenos e nenas!
Xa fostes moitos os que desencriptastes a última mensaxe que nos chegou dos Xacios, e estades impacientes por ver de que se trata a tarefa. A mensaxe decía o seguinte:
" PARA CONTINUAR
A VOSA FAMILIA
IDES PRESENTAR"
POIS MANS A OBRA!!
Debedes elaborar unha árbore xenealóxica. Lembrádesvos do que era? É unha representación gráfica na que mostras a túa familia dun xeito organizado. Xa sabedes que a nós nos gusta que lle dedes un toque artístico e creativo as tarefas que propoñemos, polo que debedes pensar ben como nos ides presentar a vosa familia. Mirade algúns exemplos:
| imaxe de pinterest |
Cando a teñades rematada xa sabedes, enviadenos ao correo, pode vir acompañada dunha explicación vosa en vídeo.
Nós esperamos impacientes por ver as vosas creacións.
Unha aperta moi grande.
No hay comentarios:
Publicar un comentario