Nós alucinadas e emocionadas coas tarefas que van chegando de todos vós. Sodes uns magníficos inventores, esperamos que esta tarefa vos permita aprender novas maneiras de xogar e tamén a probar os xogos que presentan os vosos compañeiros e compañeiras. Mentres esperamos os xogos que faltan imos traballar un pouquiño no libro de Lingua Galega. Facemos a lectura que deixamos a continuación e as páxinas de comprensión. Cando as teñades feitas podedes enviarnos a foto ao correo. Ademais, podedes rematar as páxinas que quedaron sen facer anteriores a lectura e estas non é necesario mandalas.
Seguro que están a xogar coas vosas creacións!!
Unha aperta moi grande.


No hay comentarios:
Publicar un comentario