A última CAIXA CONTO do día é a de Mateo, a súa caixa conto apórtanos unha aprendizaxe ao final e demóstranos o concienciado que está co coidado do medio. O seu conto titúlase " O BOSQUE INCENDIADO" atentos a súa historia...
XENIAL MATEO!
martes, 31 de marzo de 2020
CAIXA CONTO CLAUDIA
Hoxe estamos contentísimas, xa que recibimos varias CAIXA CONTO e encántanos, así parece que estamos máis pretiño de todos vós. Este é o traballo de Claudia, moito lle gustan os animais os nosos nenos e nenas de 1º. Claudia cóntanos a historia dun paxariño e unha nena, leva por título
"O PAXARO COA Á ROTA".
PARABÉNS CLAUDIA!
"O PAXARO COA Á ROTA".
PARABÉNS CLAUDIA!
CAIXA CONTO PAULO
Seguimos coa Caixa Conto de Paulo que leva por título "A OVELLA SIRA".
Encántanos como sacache a parte positiva nesta historia, importante ver sempre o lado bo das cousas, e máis no momento que vivimos.
Lede con atención o seu conto!
PARABÉNS PAULO!
Encántanos como sacache a parte positiva nesta historia, importante ver sempre o lado bo das cousas, e máis no momento que vivimos.
Lede con atención o seu conto!
PARABÉNS PAULO!
CAIXA CONTO IKER
Ola familias!!
Onte chegounos a "Caixa Conto" de Iker, coma sempre fíxonos moitísima ilusión ver o moito que traballades. A Iker gústanlle moito os animais e sempre ten algo que contar deles.
Xenial Iker!
Onte chegounos a "Caixa Conto" de Iker, coma sempre fíxonos moitísima ilusión ver o moito que traballades. A Iker gústanlle moito os animais e sempre ten algo que contar deles.
Xenial Iker!
lunes, 30 de marzo de 2020
TRABALLIÑOS
Bo día familias! Que tal estades, como van esas caixas conto? Podedes seguir mandándonos as vosas creacións.
Hoxe deixámosvos o traballo para facer ata o mércores.
Hoxe deixámosvos o traballo para facer ata o mércores.
- Taller de escritura, como ben sabedes a semana pasada celebrouse o día da poesía, por este motivo o taller de escritura é de poesía. Aquí vos deixamos a actividade.
- Reforzo para aqueles que o levan habitualmente, bloque de fichas da letra " V". Xa sabedes que non hai que facetas todas, escollede algunhas e facede as lecturas.
Reforzo letra V ( pincha aquí)
- Matemáticas, so facer as actividades propostas para diario ( números con palillos, medidas, sumas e restas coa recta numérica).
- Lembrade coma sempre facer todos os días algunhas das actividades que lle chamamos "rutinas" que publicamos o primeiro día e ler, ler moito.
Moitas apertas!!
domingo, 29 de marzo de 2020
CAIXA CONTO ALBA
Ola de novo, queridas familias!
Ademais da de Carmen, onte recibimos tamén con moita ilusión a caixa-conto de Alba. O título da súa historia é "Kyra e Alba". Nas imaxes podedes ler o seu conto e ver a representación do mesmo.
Parabéns Alba, por este grandísimo traballo.
Un abrazo

CAIXA CONTO CARMEN
Moi bos días!!
Aquí vos deixamos a grande labor levada a cabo por Carmen, onde podedes ver tanto o seu conto titulado "Los siete cabritos" como a escenografía do mesmo. Noraboa polo traballo e esforzo Carmen. Un resultado moi merecido.
Bicos

viernes, 27 de marzo de 2020
ACTIVIDADES
Ola de novo!
Nesta nova entrada compartimos unha serie de recursos a modo de repaso:
- Bloque de fichas da letra "C" (Para o alumnado que normalmente levaba fichas de reforzo)
- Bloque de fichas do sinfón "Gr"
- Enlace para traballar o cálculo mental seguindo un patrón dado:
Recordarvos tamén o correo que temos en común ambas mestras: diezmaripaula@gmail.com. A través del podédesnos facer chegar calquer tipo de dúbida, ou actividade que consideredes que precisa corrección. Asimesmo, lembrar tamén que o contido avaliable será o visto ata o momento en que se decretou o estado de alarma.
Unha forte aperta
CAIXA CONTO LUA
Ola a tod@s!!
Comprácenos compartir convosco unha nova caixa-conto, neste caso a de Lua. Unha grande labor cun merecido resultado. Noraboa :)
Comprácenos compartir convosco unha nova caixa-conto, neste caso a de Lua. Unha grande labor cun merecido resultado. Noraboa :)
jueves, 26 de marzo de 2020
CAIXA CONTO RUBÉN
Hoxe recibimos con enorme ilusión unha nova creación, a Caixa Conto de Rubén. A súa historia titúlase " El bicho misterioso".
Aquí vos deixamos a imaxe da caixa e o conto escrito por él. Noraboa polo traballo e esforzo!!
Así mesmo , animarvos a que continuedes enviándonos máis creacións. Estaremos encantadas de compartirlas con todos vos!
Unha aperta forte
Aquí vos deixamos a imaxe da caixa e o conto escrito por él. Noraboa polo traballo e esforzo!!
![]() |
Unha aperta forte
miércoles, 25 de marzo de 2020
CAIXA CONTO E ACTIVIDADES
Bo día familias!!
Hoxe chegounos a primeira "Caixa Conto" fíxonos moitísima ilusión ver un traballo voso, isto achéganos un pouquiño máis a todos vós.
Deixámosvos o conto de Alex:
"Un boneco pequeno foi de paseo polo bosque con tal mala sorte que tropezou cun tronco que estaba no chan e caeu rompendo un brazo. Cando os pais del se enteraron foron correndo axudalo e unha vez lle vendaron o brazo foron para a casa."
Parabéns Alex! Encántanos a túa "CAIXA CONTO". Esperamos seguir recibindo estas marabillas, mentres tanto desfrutade e lede a "Caixa Conto" do voso compañeiro.
A maiores deixámosvos unhas actividades de repaso da letra "B".Os nenos e nenas que levades reforzo de xeito habitual xa as coñecedes. Son un paquete de fichas, non as fagades todas, podedes escoller aquelas que máis vos gusten, ademais tedes unha rima e unha cantiga. Calquera dúbida podedes mandarnos un correo ou escribir un comentario no blog.
PINCHADE NESTE ENLACE PARA VER AS ACTIVIDADES:
BICOS E APERTAS!!

lunes, 23 de marzo de 2020
Ola familias! Aquí estamos de novo, que tal vos están resultando as actividades? Esperamos que sigades aprendendo e repasando moito deste xeito lúdico. Para estes próximos días propoñemosvos unha actividade para traballar a expresión oral e a creatividade. Como sabedes, a nós gústannos moito os contos e pensamos que ao longo desta semana podedes elaborar a "CAIXA CONTO". O procedemento é sinxelo: inventades un conto e facedes a súa representación nunha caixa ou en varias. Non importa o tamaño das caixas nin os materiais que empreguedes para decoralas, eso si, materiais que teñades na casa ( plástilina, cartón , pauciños, envases...). Deixámosvos algúns exemplos:
![]() |
| Estas imanes pertencen a web de escolaimaxinada. |
Unha vez as teñades listas facedenos chegar as vosas creacións ao correo que compartimos as dúas profes: diezmaripaula@gmail.com. Pode ser mediante fotos ou video e compartiremos as vosas "Caixa Conto" neste blog para que poidades ver as dos demais.
Recordamos tamén que sigades facendo algunhas das actividades de matemáticas e de lectoescritura todos os días como rutina, ( calculo mental, conteo, sumas e restas, deletreo, xogos coas palabras...).
Esperamos que disfrutedes moito con esta actividade, nós estamos desexando ver as vosas creacións!!
Ánimo e unha aperta enorme!!
Paula e María
miércoles, 18 de marzo de 2020
MÁIS RECURSOS
Ola de novo familias!
Tal e como quedáramos, continuamos facendo novas entradas no noso blog para que estos días de confinamento se volten máis amenos, podendo á vez repasar e reforzar os contidos xa vistos.
Hoxe queremos compartir convosco unha App gratuita que podedes descargar nos vosos móbiles. O seu nome é "ChatterPix Kids". Ésta consiste no seguinte: decídeslle unha sílaba ao voso fillo/filla, tendo que buscar polo fogar palabras que a conteñan e sacarlles unha foto coa App. Despois deben grabar o nome de palabra co micro e mesmo poden decorar a imaxe ao seu gusto. Pode parecer complicado pero traballamos moito na aula con esta aplicación, polo que de seguro que todos/as saben usala á perfección.
As sílabas que vos propoñemos son as que leven os sinfóns: cl/cr/bl/br, que xa foron vistos na clase.
Un saúdo e moito ánimo,
María e Paula

lunes, 16 de marzo de 2020
Ola familias! Deixámosvos unhas actividades de reforzo para a lectoescritura e outras para practicar as matemáticas. Así meso facilitamos unha serie de recursos en rede para traballar de xeito lúdico contidos relacionados coas matemáticas e coa lengua, entrades nas páxinas e seleccionades o curso e o tipo de contido. Pensamos que esta é a mellor opción xa que non hai necesidade de imprimir o cal pode ser máis dificultoso. As actividades que propoñemos de reforzo poden facer algunhas delas todos os días como rutina diaria ( deletreo, cálculo mental...). Nos vindeiros días faremos máis publicacións das cales avisaremos polo abalar.
Unha aperta moi grande!!
Paula e María.
ACTIVIDADES DE REFORZO
Unha aperta moi grande!!
Paula e María.
ACTIVIDADES DE REFORZO
ENLACES WEB
miércoles, 11 de marzo de 2020
O ENTROIDO DOS XACIOS E XACIAS
Este ano, a temática do entroido escollida polo centro foi o "Cambio climático". No noso caso, en relación á mesma decidimos disfrazarnos de xacios e xacias que, como ben sabedes todo@s, son uns personaxes mitolóxicos que coidan o río Miño. A nomenclatura elexida foi "Os xaci@s dos ríos limpos".
Para os que non puidestes vernos en directo, deixámosvos unhas imaxes deste día tan especial.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
FIN DE CURSO
Hoxe, en condicións normais, teríamos que estar facendo xogos no cole, bailando, abrazándonos e dándonos bicos de despedida... Pero algo ax...
-
Bo día familias! Aquí vos deixamos as poesías que nos chegaron ata o momento. Están xenial! Gustáronnos moitisimo. Animamos a todos os que...
-
Ola nenos e nenas!! Temos que contarvos unha cousa MOI, PERO QUE MOI IMPORTANTE... As profes recibimos nas nosas casas unha mensaxe dos...
-
Ola nenos e nenas! Despois de pasalo tan ben descifrando as mensaxes dos Xacios, non podemos esquecernos do libro de texto. Por iso, esta ...