lunes, 23 de marzo de 2020




Ola familias! Aquí estamos de novo, que tal vos están resultando as actividades? Esperamos que sigades aprendendo e repasando moito deste xeito lúdico.  Para estes próximos días propoñemosvos unha actividade para traballar a expresión oral e a creatividade. Como sabedes, a nós gústannos moito os contos e pensamos que ao longo desta semana podedes elaborar a "CAIXA CONTO".  O procedemento é sinxelo: inventades un conto e facedes a súa representación nunha caixa ou en varias. Non importa o tamaño das caixas nin os materiais que empreguedes para decoralas, eso si, materiais que teñades na casa ( plástilina, cartón , pauciños, envases...). Deixámosvos algúns exemplos:

Estas imanes pertencen a web de escolaimaxinada.

Unha vez as teñades listas facedenos chegar as vosas creacións ao correo que compartimos as dúas profes: diezmaripaula@gmail.com. Pode ser mediante fotos ou video e compartiremos as vosas "Caixa Conto" neste blog para que poidades ver as dos demais.

Recordamos tamén que sigades facendo algunhas das actividades de matemáticas e de lectoescritura todos os días como rutina, ( calculo mental, conteo, sumas e restas, deletreo, xogos coas palabras...).

Esperamos que disfrutedes moito con esta actividade, nós estamos desexando ver as vosas creacións!!

Ánimo e unha aperta enorme!!
Paula e María

No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO

Hoxe, en condicións normais, teríamos que estar facendo xogos no cole, bailando, abrazándonos e dándonos bicos de despedida... Pero algo ax...