Ola de novo familias!
Tal e como quedáramos, continuamos facendo novas entradas no noso blog para que estos días de confinamento se volten máis amenos, podendo á vez repasar e reforzar os contidos xa vistos.
Hoxe queremos compartir convosco unha App gratuita que podedes descargar nos vosos móbiles. O seu nome é "ChatterPix Kids". Ésta consiste no seguinte: decídeslle unha sílaba ao voso fillo/filla, tendo que buscar polo fogar palabras que a conteñan e sacarlles unha foto coa App. Despois deben grabar o nome de palabra co micro e mesmo poden decorar a imaxe ao seu gusto. Pode parecer complicado pero traballamos moito na aula con esta aplicación, polo que de seguro que todos/as saben usala á perfección.
As sílabas que vos propoñemos son as que leven os sinfóns: cl/cr/bl/br, que xa foron vistos na clase.
Un saúdo e moito ánimo,
María e Paula
miércoles, 18 de marzo de 2020
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
FIN DE CURSO
Hoxe, en condicións normais, teríamos que estar facendo xogos no cole, bailando, abrazándonos e dándonos bicos de despedida... Pero algo ax...
-
Queridas familias, nenos e nenas! Quero darvos unha fantástica noticia. A profe María xa foi mamá!! O pequeno Jorge chegou o día 23!! T...
-
Ola nenos e nenas! Continuamos a recibir historias cheas de enxeño. Nesta caso, presentámosvos a de María, que narra a aventura dunha p...
-
Mirade con qué desenvoltura nos conta Carmen a súa historia. Trata tamén dun dragón que non era capaz de botar lume! Moi ben organizada a n...
No hay comentarios:
Publicar un comentario