Bo día familias!!
Hoxe chegounos a primeira "Caixa Conto" fíxonos moitísima ilusión ver un traballo voso, isto achéganos un pouquiño máis a todos vós.
Deixámosvos o conto de Alex:
"Un boneco pequeno foi de paseo polo bosque con tal mala sorte que tropezou cun tronco que estaba no chan e caeu rompendo un brazo. Cando os pais del se enteraron foron correndo axudalo e unha vez lle vendaron o brazo foron para a casa."
Parabéns Alex! Encántanos a túa "CAIXA CONTO". Esperamos seguir recibindo estas marabillas, mentres tanto desfrutade e lede a "Caixa Conto" do voso compañeiro.
A maiores deixámosvos unhas actividades de repaso da letra "B".Os nenos e nenas que levades reforzo de xeito habitual xa as coñecedes. Son un paquete de fichas, non as fagades todas, podedes escoller aquelas que máis vos gusten, ademais tedes unha rima e unha cantiga. Calquera dúbida podedes mandarnos un correo ou escribir un comentario no blog.
PINCHADE NESTE ENLACE PARA VER AS ACTIVIDADES:
BICOS E APERTAS!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
FIN DE CURSO
Hoxe, en condicións normais, teríamos que estar facendo xogos no cole, bailando, abrazándonos e dándonos bicos de despedida... Pero algo ax...
-
Queridas familias, nenos e nenas! Quero darvos unha fantástica noticia. A profe María xa foi mamá!! O pequeno Jorge chegou o día 23!! T...
-
Ola nenos e nenas! Continuamos a recibir historias cheas de enxeño. Nesta caso, presentámosvos a de María, que narra a aventura dunha p...
-
Mirade con qué desenvoltura nos conta Carmen a súa historia. Trata tamén dun dragón que non era capaz de botar lume! Moi ben organizada a n...




No hay comentarios:
Publicar un comentario