jueves, 14 de mayo de 2020

CREAMOS UNHA HISTORIA

Ola nenos e nenas!

Hoxe temos unha nova actividade para todos vós, para que botedes man desa imaxinación que tedes e que tanto estades a desenvolver coas actividades que facedes, sodes uns verdadeiros artistas. Nesta ocasión, o que precisades é ter un dado á man e lanzalo, polo menos, tres veces. O número que vos saia en cada unha das tiradas determinará o rumbo que debe seguir a historia: personaxe, esceario e situación. Asique imos aló, a crear moitas historias cargadas de aventuras. Podedes inventar, incorporar personaxes novos, o que queirades. Deixade voar a imaxinación!! 
Cando a teñades lista, podedes escribila cun debuxo representativo ao lado, ou podedes animarvos a contárnola a todos nun vídeo ou nun audio. Tamén podedes sacar fotos dos diferentes números que vos foron saíndo ao lanzar o dado, e de cómo a fostes creando.
(En caso de que grabedes vídeo, agradecemos que sexan curtos ou que fagades varios, porque despois temos dificultades para subilo ao blog. Tamén podedes enviarnos o enlace)

Esperamos ansiosas as vosas creacións!

Un bico moi forte



Fonte: Orientación Andújar

lunes, 11 de mayo de 2020

RETO DA BIBLIOTECA E ACTIVIDADES

Bo día familias!! Que tal estades?  Hoxe temos que contarvos que dende a biblioteca do cole propóñennos un novo reto. Deixámosvos o enlace a actividade, podedes mandar as vosas ao noso correo.


(pinchade aquí)  RETO BIBLIOTECA DE XALÍN

Ademais lembrámosvos que podedes seguir facendo as páxinas do libro de Lingua Galega anteriores as de comprensión que mandamos o venres. Non é necesario mandar foto delas.

Unha aperta moi grande mentres seguimos esperando noticias dos Xacios.

O XOGO DE SERGIO

Xa temos máis xogos. Chegounos o de Sergio que leva por título "Xogo das Chapas". Moi divertido este xogo, Parabéns Sergio!!... Animádevos a xogar, mirade as normas e a explicación que nos deixa no seu video.






viernes, 8 de mayo de 2020

COMPRENSIÓN LECTORA

Bo día familias!! Como estades?
Nós alucinadas e emocionadas coas tarefas que van chegando de todos vós. Sodes uns magníficos    inventores, esperamos que esta tarefa vos permita aprender novas maneiras de xogar e tamén  a probar os xogos que presentan os vosos compañeiros e compañeiras. Mentres esperamos os xogos que faltan imos traballar un pouquiño no libro de Lingua Galega. Facemos a lectura que deixamos a continuación e as páxinas de comprensión. Cando as teñades feitas podedes enviarnos a foto ao correo. Ademais, podedes rematar as páxinas que quedaron sen facer anteriores a lectura e estas non é necesario mandalas.



Nós imos ver si contactamos cos Xacios... estes días quedaron moi caladiños.
                        Seguro que están a xogar coas vosas creacións!!

                                            Unha aperta moi grande.

jueves, 7 de mayo de 2020

O XOGO DE ALBA

Divertidísimo o xogo de Alba! Chámase "A pesca de Alba", encántanos como o fixeche e tiveche en conta todos os detalles, quedou precioso.
Parabéns Alba!!




O XOGO DE LUA

Mirade que parchís!! Encántanos este parchís xigante feito por Lua, non lle falta detalle e empregou materiais de refugallo ademais o proceso de elaboración tivo que ser moi custoso.
Noraboa Lua, moi bo traballo!!






martes, 5 de mayo de 2020

O XOGO DE MATEO

Abraiadas nos deixou Mateo co seu xogo! Nada menos que un pinball caseiro. Non dubidou en coller o maletín de ferramentas e empregar todo tipo de aparellos.
O resultado brillante Mateo, encántanos.


 




FIN DE CURSO

Hoxe, en condicións normais, teríamos que estar facendo xogos no cole, bailando, abrazándonos e dándonos bicos de despedida... Pero algo ax...