viernes, 24 de abril de 2020

NOVA MENSAXE DOS XACIOS

Xa están aquí de novo!!!

Hoxe pola mañá chegounos outra mensaxe dos Xacios, entre outras cousas, contáronnos que están moi orgullosos de todos vós, seica están relamendo o fuciño  coas vosas receitas. Deixáronnos as seguintes mensaxes para que lles axudedes de novo.
Ides ter que desencriptar outra mensaxe, seguen chegando en chinés, eles andan a darlle voltas pero non consiguen entender nadiña.
Fixádevos ben e cando o consigades mandádenos a mensaxe desencriptada. Seguro que o conseguides nun momentiño. Dende que a teñades tocaranos esperar as indicacións para facer a tarefa que propoñen.

QUE EMOCIÓN!




Esta semana esta sendo de moitas emocións, ademais das mensaxes dos Xacios, onte foi un día moi especial... O DÍA DO LIBRO. Dende a biblioteca do noso cole "Biblioteca de Xalín" propoñemos unha actividade moi bonita. Deixámosvos un enlace para que entredes e miredes de que se trata. 
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!






jueves, 23 de abril de 2020

A RECEITA DE ALBA

A receita de Alba consistiu nunhas galletas de mantequilla e vainilla moi moi especiais... Mirade, mirade, a ver se recoñeces a quen fixo homenaxe coa súa elaboración.
Ao fondo da páxina pinchando no enlace podedes ver o vídeo da elaboración, todo un titorial!
Seguro que estaban riquísimas Alba, teñen unha pinta espectacular. Noraboa!





VÍDEO: 



A RECEITA DE IKER C.

Iker tamén se animou e púxose ao frente dos fogóns. Neste caso, elaborou un biscoito.
A continuación amosámosvos a receita escrita por él. Seguro que o resultado foi todo uh éxito Iker, felicidades.



A RECEITA DE EDUARDO


Aquí vos deixamos a receita de rosquillas que elaborou Eduardo. Teñen unha pinta deliciosa, de seguro que están riquísimas!!!
Moi bo traballo, noraboa!







miércoles, 22 de abril de 2020

UN POUQUIÑO DE MATES

Despois de ver as receitas que xa chegaron dos compañeiros,  e mentres esperamos as que faltan que vós parece si refrescamos un pouquiño o aprendido en matemáticas?
 A ver si mentres tanto,  as profes recibimos máis noticias dos Xacios. 

Nós tamén estamos impacientes. 

Imos facer dúas páxinas do libro de matemáticas, a ver como andamos coas medidas e a resolución de problemas. Podedes facelas ata o venres.

Libro de matemáticas 2º trimestre. páxina 100 e 101

Lembrade seguir coas rutinas diarias de mates e lectura, si alguén necesita que as volvamos subir ou que llas mandemos, que nos escriba ao correo.

Ademais hoxe pedimos a colaboración para realizar unha actividade dende a área de  Educación Física. 
MIRADE E ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!


Moitas apertas xigantes!!!!

A RECEITA DE MATEO

Menudo traballo fixo Mateo para explicarnos pasiño a paso a súa receita. Ademais de cociñar e escribir a receita fixo unha montaxe con fotos.
Encantounos a montaxe e por suposto tamén a receita. Que fame nos entra vendo esas magdalenas...

Xenial traballo Mateo!! 






A RECEITA DE LUA

Lua fixo unha torta de galleta e flan, esa torta está boiiisima seguro, pero que traballo pasou para facela.
Os Xacios están contentísimos seguro.  Estes nenos e nenas de primeiro son todos uns chefs xeniais!

Parabéns polo gran traballo Lua!!










FIN DE CURSO

Hoxe, en condicións normais, teríamos que estar facendo xogos no cole, bailando, abrazándonos e dándonos bicos de despedida... Pero algo ax...