viernes, 24 de abril de 2020

NOVA MENSAXE DOS XACIOS

Xa están aquí de novo!!!

Hoxe pola mañá chegounos outra mensaxe dos Xacios, entre outras cousas, contáronnos que están moi orgullosos de todos vós, seica están relamendo o fuciño  coas vosas receitas. Deixáronnos as seguintes mensaxes para que lles axudedes de novo.
Ides ter que desencriptar outra mensaxe, seguen chegando en chinés, eles andan a darlle voltas pero non consiguen entender nadiña.
Fixádevos ben e cando o consigades mandádenos a mensaxe desencriptada. Seguro que o conseguides nun momentiño. Dende que a teñades tocaranos esperar as indicacións para facer a tarefa que propoñen.

QUE EMOCIÓN!




Esta semana esta sendo de moitas emocións, ademais das mensaxes dos Xacios, onte foi un día moi especial... O DÍA DO LIBRO. Dende a biblioteca do noso cole "Biblioteca de Xalín" propoñemos unha actividade moi bonita. Deixámosvos un enlace para que entredes e miredes de que se trata. 
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO

Hoxe, en condicións normais, teríamos que estar facendo xogos no cole, bailando, abrazándonos e dándonos bicos de despedida... Pero algo ax...