sábado, 13 de junio de 2020

A ENTREVISTA DE MARÍA

María tamén se puxo mans á obra coa entrevista  proposta polos Xacios, e coa colaboración da súa tía Eva, acadou un resultado extraordinario. Mirade, mirade. 
Parabéns, María. 


VÍDEO: 


A ENTREVISTA DE MATEO

Mateo colleu o micro e converteuse nun verdadeiro entrevistador. Neste caso, escolleu á súa tía e madriña Pili. 
Qué ben Mateo! Bo traballo 


VÍDEO:




A ENTREVISTA DE LUCAS

Lucas tamén se animou a realizar a entrevista, e o resultado foi éste. Moi bo traballo, Lucas. Felicidades




A ENTREVISTA DE ALBA

No caso de Alba, elexiu á súa prima Laura que, con toda naturalidade lle contesta ás preguntas formuladas. Qué ben, Alba. Noraboa



A ENTREVISTA DE EDUARDO

A persoa  á que decidiu entrevistar Eduardo foi o seu irmán Álvaro. Aquí vos deixamos a entrevista. Moi ben realizada Eduardo, parabéns!



lunes, 8 de junio de 2020

INSTRUCCIÓNS DOS XACIOS

Nenos e nenas!!!

Moi atentos, porque xa temos as instruccións dos Xacios!
Deixáronnos esta nota, na que falan sobre a mensaxe que moi ben descifrastes a semana pasada. Efectivamente, queren que lle fagades unha entrevista a un dos vosos familiares, ao que queirades. Tamén vos dan unha serie de ideas con respecto ás preguntas, pero podédeslles formular as que se vos ocorran. Deixade voar a imaxinación!
Primeiro pensade ben a quen llela ides realizar, e despois, sobre o papel, plasmade todas as ideas que vos veñan á mente. É moi importante planificrase ben antes de poñervos coa entrevista.
Unha vez que teñades claro o que queredes preguntar, podedes gravar a entrevista en audio ou en vídeo, e mandarnos tamén por escrito as preguntas que formulastes.

Moito ánimo, que xa están as vacacións á volta da esquina para desfrutar da recompensa a tanto traballo e esforzo.

Un biquiño moi, pero que moi grande



sábado, 6 de junio de 2020

ÁRBORE DE ERIK


Mirade o moito que traballou Erik! Ademais de realizar unha árbore moi orixinal, na que tamén incluíu ao seu can como parte da familia, compartiu connosco un vídeo explicativo.
Gústanos moito que nos fogares teñan en conta aos animais, e sobre todo que os queiran e coiden tan ben coma ti. Parabéns




VIDEO:



FIN DE CURSO

Hoxe, en condicións normais, teríamos que estar facendo xogos no cole, bailando, abrazándonos e dándonos bicos de despedida... Pero algo ax...