Nenos e nenas!!!
Moi atentos, porque xa temos as instruccións dos Xacios!
Deixáronnos esta nota, na que falan sobre a mensaxe que moi ben descifrastes a semana pasada. Efectivamente, queren que lle fagades unha entrevista a un dos vosos familiares, ao que queirades. Tamén vos dan unha serie de ideas con respecto ás preguntas, pero podédeslles formular as que se vos ocorran. Deixade voar a imaxinación!
Primeiro pensade ben a quen llela ides realizar, e despois, sobre o papel, plasmade todas as ideas que vos veñan á mente. É moi importante planificrase ben antes de poñervos coa entrevista.
Unha vez que teñades claro o que queredes preguntar, podedes gravar a entrevista en audio ou en vídeo, e mandarnos tamén por escrito as preguntas que formulastes.
Moito ánimo, que xa están as vacacións á volta da esquina para desfrutar da recompensa a tanto traballo e esforzo.
Un biquiño moi, pero que moi grande


No hay comentarios:
Publicar un comentario