miércoles, 29 de abril de 2020

RECEITA DE DAVID

Ola a tod@s!!
Decirvos que se xa vos estábades quedando sen ideas de receitas que elaborar, aquí temos unha nova, a de David. Él elaborou un biscoito de plátano como un verdadeiro chef. 
A verdade é que o resultado ten unha pinta exquisita, qué pena non poder probalo. 

Aquí vos deixamos o vídeo onde nos vai explicando cada un dos pasos da receita. Moi ben David, noraboa!

lunes, 27 de abril de 2020

CAIXA CONTO DE MANUEL

Ola de novo!

Temos o pracer de compartir con todos vós a caixa conto de Manuel. Cóntanos a historia dun barquiño que está ao borde do naufraxio, pero que finalmente puido voltar á orilla. Mirade, mirade, veredes qué historia tan interesante e qué caixa máis bonita.

Moi ben Manuel!




ATENCIÓN!! NOVAS INDICACIÓNS DOS XACIOS

Bo día familias!
 Estamos aquí de novo para seguir as indicacións dos Xacios para combatir o coronavirus. A primeira indicación foron as receitas, seguro que para estar ben fortes e sanos.  Esta parece que é para estar ben entretidos e fomentar a nosa creatividade.
Fostes moitos os que nos mandastes a mensaxe desencriptada, mirade que é difícil o chinés pero vós sodes uns campións que rapidamente os descifrades. A mensaxe di o seguinte:


" Para o confinamento 
ben levar
un xogo tes que 
FABRICAR"

Pois ben, as cabeciñas a pensar e MANS A OBRA. Debedes crear un xogo, pero estaredes pensando como ides facer... Deixámosvos unhas ideas e despois explicamos os pasos que tedes que seguir. Mirade: 

Imaxe de pinterest

Imaxe de Pinterest

Imaxe de Pinterest

Imaxe de Pinterest

Imaxe de Pinterest

Estes son algúns exemplos, pero vós sodes moi creativos e seguro que inventades algún que sorprenda aos Xacios e tamén as profes. 

Para facer esta tarefa debedes seguir uns pasos que son os seguintes: 

1º. Pensar, este é o máis importante. Relaxádevos e pensade que xogo ides crear... deixade a imaxinación voar. 

2º . Unha vez decidido tedes que elaborar un INVENTARIO, nel deben aparecer os materiais que necesitades tendo en conta as cantidades de cada material e as medidas. Tomar medidas coa regla, con metro ou empregando palmos. Os materiais deben ser de refugallo ou materiais que atopedes na casa.

3º Comezamos o proceso de elaboración, aquí demostraredes o artistas que sodes, neste paso tedes que ter en conta as cores que queredes empregar, as formas, etc para que quede o máis vistoso posible. 

4º Crear as normas de xogo ( unha listaxe con todas as normas para xogar). 

5º Último paso, mandarnos ao correo o inventario, as normas e un video ou foto do xogo. Animámosvos a que fagades video explicando como se xoga.


             XA ESTAMOS IMPACIENTES POR VER AS VOSAS CREACIÓNS !!!


- Recordatorios:

  • Na páxina web do cole atoparedes actividades das especialidades de música, inglés e educación física. Así como as indicacións para facerlles chegar os traballos se fose o caso. 
  • As tarefas que vos propoñemos as titoras no blog debedes mandarnos foto ao correo a menos que especifiquemos o contrario. 

MOITOS BICOS E APERTAS!!



A RECEITA DE MANUEL

Pero que receita máis rica fixo Manuel, un Flan de ovo. Moi bo traballo Manuel, vémoste moi contento cociñando, seguro che saíu moi bo. Lede a receita e mirade as fotiños cos pasos para poder facelo nas vosas casas.  






A RECEITA DE ERIK

Erik fixo un "Biscoito de dúas cores", menudo traballiño facer este biscoito pero que bo debe estar.
Moi ben Erik, temos outro magnífico reposteiro. Mirade a receita!!











A RECEITA DE LUCAS

Lucas fíxonos unha receita salgada, facía falta depois de tanto doce.
Moi bo traballo Lucas, ten que estar riquísima.  Deixámosvos a receita e as fotos cos pasos que seguiu Lucas para facela... A COMER!!













A RECEITA DE ASIER

Menuda pinta teñen os donut que fixo Asier!  Ademais estes son moito máis saudables que os que mercamos. Non deixedes de ler a súa receita, e mirar as fotos de todo o proceso.
Atentos!!












FIN DE CURSO

Hoxe, en condicións normais, teríamos que estar facendo xogos no cole, bailando, abrazándonos e dándonos bicos de despedida... Pero algo ax...