Estamos aquí de novo para seguir as indicacións dos Xacios para combatir o coronavirus. A primeira indicación foron as receitas, seguro que para estar ben fortes e sanos. Esta parece que é para estar ben entretidos e fomentar a nosa creatividade.
Fostes moitos os que nos mandastes a mensaxe desencriptada, mirade que é difícil o chinés pero vós sodes uns campións que rapidamente os descifrades. A mensaxe di o seguinte:
" Para o confinamento
ben levar
un xogo tes que
FABRICAR"
Pois ben, as cabeciñas a pensar e MANS A OBRA. Debedes crear un xogo, pero estaredes pensando como ides facer... Deixámosvos unhas ideas e despois explicamos os pasos que tedes que seguir. Mirade:
![]() |
| Imaxe de pinterest |
![]() |
| Imaxe de Pinterest |
![]() |
| Imaxe de Pinterest |
![]() |
| Imaxe de Pinterest |
![]() |
| Imaxe de Pinterest |
Para facer esta tarefa debedes seguir uns pasos que son os seguintes:
1º. Pensar, este é o máis importante. Relaxádevos e pensade que xogo ides crear... deixade a imaxinación voar.
2º . Unha vez decidido tedes que elaborar un INVENTARIO, nel deben aparecer os materiais que necesitades tendo en conta as cantidades de cada material e as medidas. Tomar medidas coa regla, con metro ou empregando palmos. Os materiais deben ser de refugallo ou materiais que atopedes na casa.
3º Comezamos o proceso de elaboración, aquí demostraredes o artistas que sodes, neste paso tedes que ter en conta as cores que queredes empregar, as formas, etc para que quede o máis vistoso posible.
4º Crear as normas de xogo ( unha listaxe con todas as normas para xogar).
5º Último paso, mandarnos ao correo o inventario, as normas e un video ou foto do xogo. Animámosvos a que fagades video explicando como se xoga.
XA ESTAMOS IMPACIENTES POR VER AS VOSAS CREACIÓNS !!!
- Recordatorios:
- Na páxina web do cole atoparedes actividades das especialidades de música, inglés e educación física. Así como as indicacións para facerlles chegar os traballos se fose o caso.
- As tarefas que vos propoñemos as titoras no blog debedes mandarnos foto ao correo a menos que especifiquemos o contrario.
MOITOS BICOS E APERTAS!!





No hay comentarios:
Publicar un comentario