viernes, 19 de junio de 2020

FIN DE CURSO

Hoxe, en condicións normais, teríamos que estar facendo xogos no cole, bailando, abrazándonos e dándonos bicos de despedida... Pero algo axeno a todos/as nós impedíunolo. 
Temos que decirvos que vos comportastes como verdadeiros/as campións, cumprindo o confinamento, e traballando tan tan ben dende a casa . Sabemos que o esforzo foi ENORME.
Dicir tamén que as vosas familias actuaron tamén como campioas, axudándovos a facer todas as tarefas, e sen poder contar, en moitas ocasións, con todo o tempo que lles gustaría. 
A verdade é que hoxe, tanto a profe María coma min sentímonos un pouco tristes, porque nos gustaría que este curso fose diferente, que puidésemos estar xuntos/as... Quedaron moitos plans polo camiño: a ruta ata Fonmiñá, a excursión á Granxa-Escola, e miles de proxectos máis. Pero estamos seguras que algún día os nosos camiños volverán a atoparse. 
Agora o que queremos é que desfrutedes moito do verán, que xoguedes, que vos divirtades, e que en setembro voltedes coas pilas cargadas!!
GRACIAS por darnos tantos momentos fantásticos!Momentos que intentamos recoller no seguinte vídeo, aínda que houbo moitos máis.
Levarémosvos SEMPRE no corazón!


https://drive.google.com/file/d/1otzhkcB_AoAnApx1hO1euCqW6Y4HoMXM/view?usp=sharing

A ENTREVISTA DE ERIK

Erik tamén se converteu nun verdadeiro entrevistador, facéndolles as preguntas a dúas amigas sen ter que consultar tan sequera o papel.
Noraboa, Erik.

VÍDEO:
https://drive.google.com/file/d/1cc5z2Qnd-eByAP9IqKwrTqP1wHCd7_zA/view?ts=5ee5ffd6

A ENTREVISTA DE LUA

Lua tomou moi en serio o mandato dos Xacios, e púxose mans á obra coa entrevista. Realizoulla á súa irmá, Noa. A continuación, podedes ver as preguntas e respostas. 
Moi ben Lua, bo traballo!


sábado, 13 de junio de 2020

A ENTREVISTA DE SERGIO

Sergio realizoulle a entrevista ao seu pai. Aquí vos deixamos todas as preguntas que lle formulou e as respostas. Bo traballo, noraboa.


A ENTREVISTA DE ALEX

No caso de Alex, a persoa entrevistada foi nada menos que a súa bisavoa, Isaura. Qué afortunado de poder desfrutar das súas vivencias e historias, Alex. Moi bo traballo.





A ENTREVISTA DE CARMEN

A elexida de Carmen para a entrevista foi a súa nai, Almudena. Axudada polo seu guión e o peculiar micrófono con forma de corazón, Carmen realizou unha verdadeira labor periodística.
Moitas felicidades!


VÍDEO:


A ENTREVISTA DE PAULO

Para levar a cabo a entrevista, Paulo adquiriu perfectamente o rol de entrevistador, con caracterización incluida. Ademais, contou coa axuda da súa irmá Celia. O entrevistado foi o seu pai. Mirade o resultado.
Moitas felicidades polo traballo, Paulo!


VÍDEO: 

A ENTREVISTA DE MARÍA

María tamén se puxo mans á obra coa entrevista  proposta polos Xacios, e coa colaboración da súa tía Eva, acadou un resultado extraordinario. Mirade, mirade. 
Parabéns, María. 


VÍDEO: 


A ENTREVISTA DE MATEO

Mateo colleu o micro e converteuse nun verdadeiro entrevistador. Neste caso, escolleu á súa tía e madriña Pili. 
Qué ben Mateo! Bo traballo 


VÍDEO:




A ENTREVISTA DE LUCAS

Lucas tamén se animou a realizar a entrevista, e o resultado foi éste. Moi bo traballo, Lucas. Felicidades




A ENTREVISTA DE ALBA

No caso de Alba, elexiu á súa prima Laura que, con toda naturalidade lle contesta ás preguntas formuladas. Qué ben, Alba. Noraboa



A ENTREVISTA DE EDUARDO

A persoa  á que decidiu entrevistar Eduardo foi o seu irmán Álvaro. Aquí vos deixamos a entrevista. Moi ben realizada Eduardo, parabéns!



lunes, 8 de junio de 2020

INSTRUCCIÓNS DOS XACIOS

Nenos e nenas!!!

Moi atentos, porque xa temos as instruccións dos Xacios!
Deixáronnos esta nota, na que falan sobre a mensaxe que moi ben descifrastes a semana pasada. Efectivamente, queren que lle fagades unha entrevista a un dos vosos familiares, ao que queirades. Tamén vos dan unha serie de ideas con respecto ás preguntas, pero podédeslles formular as que se vos ocorran. Deixade voar a imaxinación!
Primeiro pensade ben a quen llela ides realizar, e despois, sobre o papel, plasmade todas as ideas que vos veñan á mente. É moi importante planificrase ben antes de poñervos coa entrevista.
Unha vez que teñades claro o que queredes preguntar, podedes gravar a entrevista en audio ou en vídeo, e mandarnos tamén por escrito as preguntas que formulastes.

Moito ánimo, que xa están as vacacións á volta da esquina para desfrutar da recompensa a tanto traballo e esforzo.

Un biquiño moi, pero que moi grande



sábado, 6 de junio de 2020

ÁRBORE DE ERIK


Mirade o moito que traballou Erik! Ademais de realizar unha árbore moi orixinal, na que tamén incluíu ao seu can como parte da familia, compartiu connosco un vídeo explicativo.
Gústanos moito que nos fogares teñan en conta aos animais, e sobre todo que os queiran e coiden tan ben coma ti. Parabéns




VIDEO:



ÁRBORE DE IKER C.

Iker tamén se animou a realizar a súa propia árbore xenealóxica. Moi ben Iker, gústanos moito que traballedes. Noraboa


ÁRBORE DE LUA

Mirade qué inxeniosa foi Lua para elaborar a súa árbore. Empregou corchos para plasmar os nomes dos membros da súa familia. Moi orixinal Lua, felicidades! 


ÁRBORE DE SERGIO

Tamén nos encantou a idea de Sergio para presentarnos a súa familia. Empregou goma eva e follas de verdade, e o resultado deixounos impresionados . A ver qué vos parece! 
Moi ben Sergio , noraboa. 


ÁRBORE DE MARÍA

Moi boas, nenos e nenas!!!!

Imos continuar coa publiación das árbores que nos enviastes! Neste caso, mostrámosvos a árbore de María, que tivo unha idea moi inxeniosa para representar a súa familia.
Moi bo traballo, María . Sigue así.



miércoles, 3 de junio de 2020

TRABALLAMOS LC

Ola nenos e nenas!!!

Mentras que esperamos máis instruccións dos Xacios, imos traballar un pouquiño co libro de Lingua Castelá. ¿Qué vos parece?

Neste caso imos facer unha pequena lectura que se chama "El gallo Cantaclaro" e despois respostar a unhas preguntiñas sobre a mesma. Tamén podedes facer a páxina de actividades de repaso que vos poño a continuación.
(Páxinas 179, 182, 183 e 184)

Moito ánimo que xa están aí as vacacións.

Un biquiño mooi forte 





martes, 2 de junio de 2020

ÁRBORE DE MATEO

E continuamos a recibir as vosas árbores...qué ilusión!
Aquí podedes ver a que elaborou Mateo. A verdade é que amosou unha gran creatividade co seu mazaeiro familiar. Cada mazá representa un membro da súa familia. Moi bo traballo Mateo, noraboa. 


lunes, 1 de junio de 2020

MENSAXE DOS XACIOS

Nenos e nenas!! Os Xacios volveron a poñerse en contacto!!
Nótase que sodes do mellorciño descifrando mensaxes, porque non fan máis que demandar a vosa axuda! A ver de qué se trata esta vez.. 
Xa sabedes, vamos poñernos mans á obra. A desencriptar! 

Un bico





FIN DE CURSO

Hoxe, en condicións normais, teríamos que estar facendo xogos no cole, bailando, abrazándonos e dándonos bicos de despedida... Pero algo ax...