jueves, 2 de abril de 2020

UN POUCO DE CÁLCULO E COMPRENSIÓN LECTORA

Boa tarde familias!!

Hoxe propoñemos uns traballiños de cálculo e de comprensión lectora. No primeiro caso, o alumnado ten que realizar as sumas dos números que corresponda en cada situación e ir así construíndo a pirámide. No segundo caso, o que se expón son unha serie de frases moi breves que deben ler, e descatar aquela que consideren. 

Recordade que, calquera consulta, podedes facérnola chegar a través do noso email (diezmaripaula@gmail.com).

Lembrarvos tamén que o día 6 finaliza o prazo para a solicitude das bolsas de axuda de comedor, para aquel alumnado que habitualmente pagara 1€ por dito servizo ou fose de balde.  

Asimesmo, animámosvos a que nos enviedes as caixas-conto que faltan, así como o taller de poesía. Todos os traballos que recibamos continuarémolos publicando no blog, se ben durante a Semana Santa non mandaremos máis actividades pois é un periodo de vacacións. 

Gracias e ánimo! Xa queda menos





No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO

Hoxe, en condicións normais, teríamos que estar facendo xogos no cole, bailando, abrazándonos e dándonos bicos de despedida... Pero algo ax...