viernes, 17 de abril de 2020

PRIMEIRA INDICACIÓN DOS XACIOS: COCIÑAR

Moi bo día familias!!
Que emoción descifrar a mensaxe encriptada que lle mandaron aos Xacios, sodes uns campións e moitos de vós xa nos mandastes a carta descifrada. PARABÉNS A TODOS! 

A carta decía o seguinte:

" OLA
QUEREMOS QUE FAGADES UNHA RECEITA DE COMIDA
MANS A OBRA"


Tendo en conta o que pon, para combatir o coronavirus, a primeira indicación é ...

COCIÑAR!!

Así que, debedes facer unha receita de cociña, tendo en conta os seguintes puntos:


  • Escribir a receita ( anotando todos os ingredientes, as cantidades e o proceso de elaboración)
  • Medir as cantidades de cada ingrediente.
  • Elaborar a receita.
  • Enviarnos a receita escrita. 
  • Enviarnos fotos do proceso ou sería xenial un video, animádevos!!
Faremos unha entrada na que as iremos subindo. As profes, que somos unhas lambeteiras,  xa estamos impacientes por ver as vosas receitas.

E vós... ATENTOS!! 

Pronto teremos máis novas dos Xacios.

 APERTAS XIGANTES!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO

Hoxe, en condicións normais, teríamos que estar facendo xogos no cole, bailando, abrazándonos e dándonos bicos de despedida... Pero algo ax...