sábado, 6 de junio de 2020

ÁRBORE DE IKER C.

Iker tamén se animou a realizar a súa propia árbore xenealóxica. Moi ben Iker, gústanos moito que traballedes. Noraboa


ÁRBORE DE LUA

Mirade qué inxeniosa foi Lua para elaborar a súa árbore. Empregou corchos para plasmar os nomes dos membros da súa familia. Moi orixinal Lua, felicidades! 


ÁRBORE DE SERGIO

Tamén nos encantou a idea de Sergio para presentarnos a súa familia. Empregou goma eva e follas de verdade, e o resultado deixounos impresionados . A ver qué vos parece! 
Moi ben Sergio , noraboa. 


ÁRBORE DE MARÍA

Moi boas, nenos e nenas!!!!

Imos continuar coa publiación das árbores que nos enviastes! Neste caso, mostrámosvos a árbore de María, que tivo unha idea moi inxeniosa para representar a súa familia.
Moi bo traballo, María . Sigue así.



miércoles, 3 de junio de 2020

TRABALLAMOS LC

Ola nenos e nenas!!!

Mentras que esperamos máis instruccións dos Xacios, imos traballar un pouquiño co libro de Lingua Castelá. ¿Qué vos parece?

Neste caso imos facer unha pequena lectura que se chama "El gallo Cantaclaro" e despois respostar a unhas preguntiñas sobre a mesma. Tamén podedes facer a páxina de actividades de repaso que vos poño a continuación.
(Páxinas 179, 182, 183 e 184)

Moito ánimo que xa están aí as vacacións.

Un biquiño mooi forte 





martes, 2 de junio de 2020

ÁRBORE DE MATEO

E continuamos a recibir as vosas árbores...qué ilusión!
Aquí podedes ver a que elaborou Mateo. A verdade é que amosou unha gran creatividade co seu mazaeiro familiar. Cada mazá representa un membro da súa familia. Moi bo traballo Mateo, noraboa. 


lunes, 1 de junio de 2020

MENSAXE DOS XACIOS

Nenos e nenas!! Os Xacios volveron a poñerse en contacto!!
Nótase que sodes do mellorciño descifrando mensaxes, porque non fan máis que demandar a vosa axuda! A ver de qué se trata esta vez.. 
Xa sabedes, vamos poñernos mans á obra. A desencriptar! 

Un bico





FIN DE CURSO

Hoxe, en condicións normais, teríamos que estar facendo xogos no cole, bailando, abrazándonos e dándonos bicos de despedida... Pero algo ax...