Ola familias!!
Debido á laboriosa tarefa que resultou levar a cabo as receitas de cociña, pensamos en que podemos usalas tamén para practicar un pouco a lectura. Por iso, o que vos propoñemos, é que tódolos alumnos/as, ben sexa sós ou en compañía, lean as receitas dos seus compañeiros/as. Seguro que lle encanta saber qué ingredientes empregaron e cómo a elaboraron. Deste xeito, igual se animan a seguir cociñando!
Queremos informarvos tamén que, na páxina web do cole (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmeira/), dentro do blog da biblioteca podedes atopar propostas de actividades do profesorado de apoio (Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe). Asimesmo, no blog de Educación Física tamén hai propostas para promover estilos de vida saudables durante o confinamento.
Moito ánimo, xa queda menos
No hay comentarios:
Publicar un comentario