domingo, 27 de octubre de 2019

3,2,1 GRAVANDO

Despois das emocións dos días anteriores, nos cales coñecemos os Xacios e nos fixeron saber o que queren que aprendamos, chegou o momento de investigar e traballar. Nesta ocasión os Xacios deixaron unha mensaxe para catro dos nosos nenos e nenas: María, Paulo, Carmen e Sergio. Pedíronlles que investigasen sobre a Igrexa de Santa María de Meira. Aceptaron de seguido e puxéronse a buscar información coa axuda das súas familias. Foi entón cando nos convertemos en verdadeiros profesionais da TV e comezamos a gravar o noso documental. Cada un tiña o seu papel; maquilladores, reporteiros, cámaras, directores, guionistas e ata contamos cun xefe da claqueta. Mirade!



























Estamos impacientes por saber cal será o seguinte a investigar e a quen lle tocará esta vez...

miércoles, 23 de octubre de 2019

A MENSAXE OCULTA DOS XACIOS

Ola a todos e todas!!!

Por fin botamos a andar o ansiado blog, "Da man dos Xacios", personaxes que a estas alturas todos vós coñeceredes!

Nesta primeira publicación podedes ver o percorrido que fixemos por diferentes partes do cole, na procura das diferentes pistas que os Xacios nos foron deixando... Cada pista conduciunos a unha letra, e a palabra oculta foi MEIRA! Polo tanto, deducimos que éstes queren que investiguemos sobre a nosa vila, así que mans á obra!




























FIN DE CURSO

Hoxe, en condicións normais, teríamos que estar facendo xogos no cole, bailando, abrazándonos e dándonos bicos de despedida... Pero algo ax...