Hoxe, en condicións normais, teríamos que estar facendo xogos no cole, bailando, abrazándonos e dándonos bicos de despedida... Pero algo axeno a todos/as nós impedíunolo.
Temos que decirvos que vos comportastes como verdadeiros/as campións, cumprindo o confinamento, e traballando tan tan ben dende a casa . Sabemos que o esforzo foi ENORME.
Dicir tamén que as vosas familias actuaron tamén como campioas, axudándovos a facer todas as tarefas, e sen poder contar, en moitas ocasións, con todo o tempo que lles gustaría.
A verdade é que hoxe, tanto a profe María coma min sentímonos un pouco tristes, porque nos gustaría que este curso fose diferente, que puidésemos estar xuntos/as... Quedaron moitos plans polo camiño: a ruta ata Fonmiñá, a excursión á Granxa-Escola, e miles de proxectos máis. Pero estamos seguras que algún día os nosos camiños volverán a atoparse.
Agora o que queremos é que desfrutedes moito do verán, que xoguedes, que vos divirtades, e que en setembro voltedes coas pilas cargadas!!
GRACIAS por darnos tantos momentos fantásticos!Momentos que intentamos recoller no seguinte vídeo, aínda que houbo moitos máis.
Levarémosvos SEMPRE no corazón!
https://drive.google.com/file/d/1otzhkcB_AoAnApx1hO1euCqW6Y4HoMXM/view?usp=sharing




